Cinturiñas de avespa

Cara onde se lles van os ollos aos homes cando miran unha muller é unha pregunta miles de veces contestada, e a cada análise apúntase a un punto ‘xeográfico’ diferente: que se os peitos, que se o traseiro, que se os ollos…

Dita Von Teese

Un novo estudo entre o público masculino vai máis aló e desvela que, alén da cantidade ou curvas que os peitos femininos –noutras miles de ocasións mentados– amosen, os varóns decántanse por unha forma ben definida: a silueta de ‘reloxo de area’. Tamén coñecida como a versión ‘guitarra’ e definida polo Ministerio de Sanidade como o corpo ‘diábolo’ –naquela controvertida clasificación do estudo antropomórfico do Ministerio de Sanidade español, ao carón das categorías ‘campana’ e ‘cilindro’– o corpo de ‘reloxo de area’ responde a unha forma idéntica ao mesmo: ombreiros e cadeiras proporcionados e debullados por unha estreita cinturiña de avespa.

 Paula Vázquez

A lendaria Marilyn Monroe, a polémica e descarada vedette Dita Von Teese e a popular presentadora galega Paula Vázquez responden ao perfil do ‘diábolo’ ou da ‘guitarra’.

Marilyn Monroe

As conclusións deste novo estudo, publicado en Archives of Sexual Behavior, foron recollidas polos investigadores da Facultade de Ciencias Biolóxicas da Universidade Victoria (Nova Zelandia), que consideran que o feito de que este tipo de silueta resulte máis atractiva pode ter que ver con que os homes consideren ese perfil como unha mostra de boa saúde e de fertilidade, co obxectivo –biolóxico– de conseguir unha descendencia sana.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. Ramon Chete

    Home Nela, o patriotismo esta ben pero comparar a Paula Vazquez con Marylin é un pouco disparatado.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: