‘Antiaging’ vaxinal

Cada vez son máis as mulleres que acoden ó cirurxián para realizarse unha vaxinoplastia ou rexuvenecemento vaxinal, intervención coa que recuperan o pracer sexual perdido por partos traumáticos ou outras alteracións da estrutura vaxinal, e que aproveitan para embelecer os xenitais externos.

Javier del Pozo (Foto: Efe)Trátase dunha intervención que se practica con láser e de postoperatorio sinxelo que se está facendo máis frecuente entre mulleres maduras –ao redor dos 50 anos– que ao longo da súa vida mantiveron unha vida sexual plena e que a foron perdendo a consecuencia da diminución do ton muscular da vaxina, cuxo diámetro aumenta, co que o pracer no coito diminúe.
O cirurxián e especialista en xinecoloxía e obstetricia Javier del Pozo explica respecto disto que aínda sendo pouco coñecida, hai unha demanda crecente deste tipo de cirurxía íntima feminina, cuxo obxecto é deixar a vaxina en condicións preconcepcionais, é dicir, coma se as mulleres non tivesen fillos.
Isto lógrase reforzando os músculos, o tecido das fascias e resecando o exceso mucosovaxinal, tanto na parte superior como inferior, cunhas intervencións que duran entre 60 e 90 minutos.
Del Pozo indicou que as pacientes que pasan polo Centro Médico Teknon de Barcelona para practicar este tipo de cirurxía son, curiosamente, sobre todo mulleres estranxeiras que viven na capital catalá, aínda que cada vez hai máis autóctonas decididas a recuperar a capacidade para gozar do sexo vaxinal. “Estamos falando de mulleres que tiveron relacións sexuais exitosas; a aquelas que non tiveron relacións gratificantes, o rexuvenecemento non lles garante que vaia mellorar a súa vida sexual”, recalcou Del Pozo, que advertiu ademais de que tampouco é unha intervención adecuada para pacientes con problemas de tipo emocional vinculados con conflitos de parella.

O xinecólogo indicou que se valora sempre psicoloxicamente a idoneidade da intervención, porque hai mulleres que consideran erroneamente que solucionando un problema orgánico ou estético van mellorar a súa relación sexual.

“As relacións sexuais forman parte dun complexo sistema nervioso central onde xogan moito as emocións, e isto ten que quedar claro, para que o resultado da cirurxía sexa o máis adecuado”, remarcou o cirurxián, que indicou que mentres hai mulleres que chegan á consulta sabendo perfectamente o que queren outras non teñen tan claro os motivos ós que atribuír as súas disfuncións sexuais.

O custo da intervención de rexuvenecemento vaxinal rolda entre os 3.000 e 4.000 euros –hai pacientes que aproveitan para corrixir outros problemas como a incontinencia de ouriños– e aínda que o postoperatorio resulta molesto nas dúas primeiras semanas, a partir do mes xa se poden ter relacións completas.

En máis dun 80 por cento dos casos, as pacientes que se someten á intervención quedan moi satisfeitas polo resultado da operación, noutro 10% mellora algo a súa sensibilidade ou quedan igual que estaban, e en poucas ocasións as intervidas manifestaron insatisfacción, referida a que non lograran os obxectivos esperados, conclúe Del Pozo. (foto | EFE)

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. Ramon Chete

    Pois nada cun arreglo de vaxina, de cadeiras, de peitos xa se melloran as cousas xa veredes.

    Aqui o que se trata é de gastar.

  2. PATXUXA

    Manda carallo. Bueno son os novos tempos. Seguro que se se pon de moda esa mextura de doutor de Rcichard Gere e Dennis Quaid, iso sí en feo, terá traballo. Pois nada que viva a chochoplastia esa.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: