A primeira peli porno en IMAX 3D

3-D Sex & Zen: Extreme Ecstasy

“Imaxinas unha peli porno en 3D?” Espetoume no cine un amigo con gafas, tras ver a Shrek saltar da pantalla -curiosa e inquedante asociación de ideas-. Rapidamente creei unha triple imaxe mental, empresarial e consumidora e pensei que, se non estaba feito xa, non tardaría en chegar.

3-D Sex & Zen: Extreme Ecstasy. Ese é o nome da primeira película porno en formato IMAX 3D. Isto é, sexo explícito -aínda que con amor, aclara o director Stephen Shiu– nunha xigantesca pantalla aínda máis extensa que o campo de visión humano. Sexo envolvente ao ancho -22 metros- e longo -16 m-, e profundo, da imaxe.

Algúns xa agardan impacientes o momento de ver -e esquivar- pernas, ferramentas e pezóns traspasando a pantalla. Outros non imaxinan a quen lle pode interesar ver “descomunais penes a poucos centímetros da cara”. E uns terceiros, entre a imaxinación e o cachondeo, respiran aliviados: as gafas 3D protexeranos das salpicaduras.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. PATXUXA

    Home cando menos parece interesante. ISo sí haberá que levar sombreiro por se che cae algún nabo enriba je je. Ou pódese crear unha nova peli de animais mariños xigantes. Antes Wlly, Tiburón: agora porno films presenta: A ALMEXA XIGANTE.

  2. Lola

    Puf…que mareo! A min as porno xa me parece que están en 3D sempre con eses primeirísimos planos, así que non me imaxino como pode ser esto….O ataque da almexa xigante, o dito.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: