Sexo e castigo?

Os adolescentes “promiscuos” que non teñen relacións sexuais “estables” experimentan máis problemas no colexio, son castigados ou expulsados máis veces, atenden menos en clase, reciben menos “agarimo” dos seus compañeiros e teñen máis posibilidades de ter un status económico máis baixo cando entran ó mercado laboral, en comparación cos adolescentes que son “abstinentes” ou teñen unha parella estable.

A investigación ‘Sexo e Colexio: relacións sexuais adolescentes e educación’, levada a cabo por sociólogos das Universidades estadounidenses de California-Davis e Minnesota, analizou nove parámetros para medir o rendemento escolar e social dos mozos tendo en conta a súa vida sexual: status social, aspiracións profesionais, problemas que sufría no colexio, se faltaba a clase, o número de castigos ou expulsións e se pensaban abandonar ou non a escola. Deste xeito, comprobouse que os adolescentes “promiscuos” acaparaban as peores posicións do ranking en canto problemática, atención en clase e número de castigos, entre outros.

En calquera caso, segundo destacan os autores do estudo, as similitudes achadas entre os adolescentes “namorados” que mantiñan relacións sexuais coas súas parellas estables e as virxes ou abstinentes “poñen en dúbida a veracidade dos programas de educación sexual que vinculan o sexo na adolescencia cunha plétora de consecuencias negativas para o seu rendemento escolar”. (fonte | Europa Press)

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: