@s usuari@s de iPhone, máis activ@s sexualmente

iPhoneOs usuarios de iPhone teñen unha vida sexual máis activa que aqueles que optan por outros modelos de teléfonos multimedia como BlackBerry ou os que funcionan co sistema operativo Android, segundo un estudo elaborado por Okcupid e difundido por CNET.
Segundo a enquisa, realizada entre 9.785 propietarios deste tipo de teléfonos móbiles, as mulleres de 30 anos que teñen un iPhone son as que tiveron máis parellas sexuais durante a súa vida, cunha media de 12,3. Bastante máis discretas se amosan as propietarias de Android -o sistema operativo para teléfonos móbiles deseñado por Google-, que acumulan unha media de 6 conquistas, así como as usuarias das populares BlackBerry, cuxa vida sexual se reduce a unha media de 8,8 parellas.
Igual que nas mulleres, os usuarios masculinos do iPhone tamén son os que gozan dunha vida sexual máis activa, de forma que ós trinta anos poden presumir de ter relacións cunha media de 10 parellas sexuais diferentes. Por contra, os usuarios masculinos na trintena de Android e BlackBerry téñense que contentar cunha media de 6 e 8,1 parellas, respectivamente.Esta vantaxe dos propietarios do famoso teléfono de Apple non se reduce simplemente ós usuarios de trinta anos, xa que en todas as idades comprendidas entre 18 e 40 anos os donos dun iPhone impóñense como os máis conquistadores. Só na franxa de idade que vai dos 22 ós 24 anos Apple e BlackBerry achegan un pouco as súas posicións, pero os usuarios de iPhone continúan sendo os máis sedutores. No entanto, en todas as idades os propietarios de teléfonos que funcionan co sistema operativo Android son os que teñen unha vida sexual máis sosegada. (fonte | Efe)

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. PATXUXA

    Vale, pois a polo Iphone. Ó mellor inluso hai que comprar dous je je. É broma. Eu non sei se alguén creerá estes estudios.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: