Kamasutra.mp3


kamasutra
O tratado sexual máis antigo, escrito hai 1.600 anos, atopou tamén o seu lugar no mundo das novas tecnoloxías. Unha editorial británica acaba de lanzar ao mercado o primeiro Kamasutra en versión audio-libro para aqueles aos que a lectura lles produce preguiza ou non atopan momento para sentar e pasar follas. “Non hai por que sentirse avergoñado de ler ou escoitar unha copia deste importante e maravilloso libro en público. Simplemente hai que descargalo no MP3 para facer máis ameno o camiño a casa”, asegurou, en declaracións a Efe, o editor Simon Petherick, de Beautiful Books.

Polo visto, a experiencia sonora é única. Confírmao a actriz Tanya Franks,  encargada de darlle voz ao audio libro, que tras rematar a faena para a editorial británica asegurou sentir unha pracenteira relaxación – “Só me faltou o cigarro de despois” – e cambiou a súa opinión sobre o histórico tratado filosófico-sexual. “Grabando o audio libro, decateime por primeira vez  de que o Kamasutra non é unicamente un manual sexual, senón unha  filosofía completa, e de que a filosofía é moito máis doada de dominar que algunhas das posturas”, asegurou. (fonte | Efe)

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: