Mollar na praia

Praia ou montaña? En cuestión de sexo, os galegos témolo claro: para o verán, revolcóns no litoral. Por pracer, morbo, fantasía e romanticismo, a area ponnos a mil. E é que as illas e o Levante son os paraísos de goce estival que escolle a maioría. Sen esquecer Galicia, por suposto, porque como na terriña, en ningures… E de sair á caza do guiri nada de nada: intimar co produto nacional é máis doado.

Os destinos insulares nos que máis ‘se molla’, alén dos baños salgados, son Ibiza (para o 67,4% dos galegos) e Mallorca (38%), segundo constata Control -a dos condóns, si- nun estudo no que figuran Tenerife e Galicia (32,6% respectivamente), Gran Canaria (30,2%), Cádiz (18,6%), Valencia (17,1%) e Cataluña (14%) como paraísos sexuais.

Fantasías na praia para unha gran maioría, si. Pero cantos as levan á práctica? Segundo a enquisa, un de cada tres, que non está mal. Pero hai outra case 12% de interruptus que se cortan polo medo a que os vexan.

No entanto, son os españois (48,1%),  latinos (26,4%), ingleses (21,7%) e italianos (idéntica porcentaxe), os que máis se prestan ao pracer espontáneo estival, e cos que, polo tanto, é máis fácil é conseguir sexo. Esa é a opinión dos galegos, que relegan a alemáns, franceses e nórdicos aos últimos postos da lista.

Xa comentabamos días -meses- atrás e en termos científicos o moito que nos pon o verán. Non cabe dúbida. Viaxes, mojitos, roupas reducidas á mínima expresión, mercurios rebentando, torsos bronceados e bo humor estival cociñan un libidinoso caldo de cultivo convertido en atractivo prato forte para os famentos padais durmidos e queimados -conxelados- polo longo inverno. Chegamos aos postres? Unha boa parte si: máis do 60% dos galegos recoñece ter practicado sexo con persoas coñecidos nas vacacións. O tradicional rollo de verán, que nunca pasa de moda…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: