Da tripa animal ao látex

condon

 

Unha vaina de tripa de animal e liño, fixada ao pene cun lazo. Así eran os primeiros preservativos masculinos, inventados oficialmente no século XVI polo anatomista e cirurxán italiano Gabriele Falloppio (o mesmo que lles deu nome ás trompas que se achan no aparello reprodutor feminino).

Un século despois, o invento foi perfeccionado polo conde de Condom, médico persoal do rei Carlos de Inglaterra, que decidiu botar man de intestino de cordeiro como materia prima e o lubricou con aceite. É deste personaxe de quen recibe a denominación de ‘condón’.

Tiveron que pasar trescentos anos máis para que, no XIX, os británicos fabricasen os primeiros preservativos de látex, e uns cantos máis ata que, na década dos noventa do século XX, se empezaron a comercializar os preservativos de poliuretano como alternativa para os usuarios alérxicos ao látex.

Este profiláctico –que significa protección ante as enfermidades– na súa terminoloxía máis técnica, preservativo como denominación formal e condón na súa acepción máis popular, é unha funda que se axusta ao pene e conta no seu extremo cunha pequena bolsa na que se recolle o seme da exaculación. Mide 18 cm de lonxitude, 5,2 de ancho e 0,7 de grosor, pero existen actualmente no mercado variedade de ofertas en tamaño, con medidas que van dos 16 aos 22 centímetros de longo e dos 3,5 aos 6,4 centímetros de diámetro.

O condón é o único de todos os métodos anticonceptivos que ofrece unha dobre protección: ante as enfermidades de transmisión sexual (ETS), cunha efectividade que rolda o 95 por cento, así como ante os embarazos non desexados –efectivo ao 97%–. Sempre que se fale, claro está, de que se está realizando un uso axeitado.

Os condóns de látex duran un promedio de cinco anos e presentan como inconveniente o risco de alerxia, problema que se soluciona coa versión en poliuretano, un tanto máis cara e de maior grosor.

Criticado polos usuarios porque reduce o pracer ou ‘corta o rollo’ e boicoteado continuamente pola Igrexa católica –que mesmo chegou a asegurar que non protexe da sida–, o preservativo masculino segue sendo actualmente o método anticonceptivo por excelencia, máis escollido por ambos os dous sexos e que o 90,2% dos homes asegura utilizar.

Máscara, gorriño ou ‘luva do amor’
Fóra de España, son moitas e moi diversas as palabras latinas usadas para designar ao preservativo masculino ou condón: forro (así o chaman en Arxentina e Uruguai); casco ou gorriño (en Chile); máscara (México); poncho ou jebe (Perú); ou camisinha (Brasil). No entanto, en Estados Unidos son coñecidos como rubber (‘goma’) e en Reino Unido johnny (‘juanito’) ou love glove (‘luva do amor’).

Controis a proba de buracos e estalidos
Ademais do control electrónico de cada unidade para detectar desperfectos, os preservativos deben pasar por diversos test para comprobar a súa calidade: a capacidade de aire que soportan antes de estalar; inspeccións visuais que complementan a electrónica; suspensión en auga para descartar que haxa posibilidade de filtracións; solidez da cor; e hermeticidade do envoltorio (selado e impermeabilidade).

O feminino: máis delicado e recente
O condón feminino, de poliuretano, naceu en 1993 e axuda, como o masculino, a protexer de embarazos e infeccións. É de plástico delgado en forma de tubo, flexible, e úsase dentro da vaxina. Un anel suave no extremo do tubo tapa o cérvix e o mantén dentro da vaxina durante o coito. Outro anel queda fóra e cobre os labios. Mide 17 centímetros de longo, outros 0,42-0.53 milímetros de espesor e 7,8 cm de diámetro.

Salamanca garda un dos pioneiros
A Universidade de Salamanca conta cun dos preservativos pioneiros, elaborado neste caso con tripa de porco e cun lazo de cor azul no seu extremo. O condón foi achado “perfectamente envolto” nunha folla de xornal que á súa vez estaba no interior dun manual de Medicina do século XVI. Con todo, os analistas, que concluíron que é posterior, cren que foi algún mozo que consultou o libro quen os puxo alí.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. petate

    Polo menos vamos evolucionando. Así que latex forever, eso sí hasta que se invente algo mejor

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: