Facerse home -versión sambias-

[apuntamentos de antropoloxía]

O caso dos sambias e o seu ritual de masculinización non deixa de ser curioso -para moitos impactante-.

Os membros desta tribu de Nova Guinea non cren que a fertilidade sexa un valor intrínseco da persoa, senón que consideran que se trata dunha capacidade adquirida a través dun proceso que resultaría inadmisible no noso contexto social: esa masculinidade, lonxe de acadarse coa evolución biolóxica, a madurez dos anos e a experiencia, recíbese dos adultos, cuxo seme reciben oralmente desde que teñen sete anos, aproximadamente, e ata chegar á vintena. Cumpridos os 20, deixan de ser receptores para converterse en dadores para os novos mozos.

Malia ser un proceso de marcado carácter homosexual, o dos sambias non deixa de ser un ritual libre de orientación -e, sexa dito de paso, de coacción-, pois eses mesmos rapaces que gañan a fertilidade a base de felacións acaban casando con mulleres e desenvolvendo unha vida completamente heterosexual -ao parecer son alleos a calquera tipo de relación entre persoas do mesmo sexo-.

Non deixa de ser curioso, digo, o papel da masculinidade como un algo artificial e recibido, non innato…

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. Sexo? Masculino

    Ay Dios mío. Pero que es esto. Para que luegon digan que el saber no ocupa lugar. Pues a mi ese saber me está ocupando un mal estar en el estómago.

  2. Kedhira

    Gracias a Dios fui educado en la cultura occidental europea. Pero que asco. Como se entere alguno por aquí sugiere al gobierno que lo haga intrínseco a nosotros.

  3. eu

    Moi curioso, si.

  4. Pingback: As coordenadas da orientación sexual « a fervenza do sur

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: