Demasiado "coitocéntricos" no sexo

O sexo é primordial pero tabú, négaselle “sistemati­camente” a anciáns e discapacita­dos o dereito para desenvolver a súa sexualidade e predomina un mode­lo moi heterosexual e “coitocentrista”. Cunha socieda­de, a actual, destas características, as disfuncións, a desigualdade e a estigmatización están á orde do día. Cómpre poñelo sobre a mesa, falalo abertamente e darlle solución.

orgullo gay

Cartel do Orgullo Gay arxentino (LeoLavalle/EFE)

Con este obxectivo, máis dun cento de expertos reuniranse en Santiago no XI Congreso de Sexo­loxía e V Encontro Iberoamericano de Profesionais da Sexoloxía, pa­ra abordar todas e cada unha das facetas, e trabas, na busca do pra­cer: disfuncións, parafilias e agre­sións sexuais, erotismo, educa­ción sexual, cultura e sexualidade, sexualidade e tabaco, trastornos ali­menticios, e biomedicina e farma­coloxía. E son só un exemplo.

Os dereitos sexuais centra­rán boa parte das ponencias dos preto de 120 invitados á cita en Compostela, do 30 de setembro ao 2 de outubro, na que se porá o acento na estigmatización dos transexuais, aínda considerados “enfermos men­tais” pola Organización Mundial da Saúde (OMS). “O obxectivo é des­patoloxizar a transexualidade”, aseverou onte a presidenta da Fe­deración Española de Sociedades de Sexoloxía (FESS), Miren Larra­zábal, quen apuntou ao problema do actual modelo de sexualidade en España, e por ende en Galicia, cun carácter moi heterosexual e “mes­mo coitocéntrico”, un feito conver­tido en causa dos principais proble­mas de disfuncións. E, ao mesmo tempo, orixe de desigualdades.
Na presentación do encontro, onte en Madrid, a sexóloga incidiu en dous colectivos aos que a socie­dade lles nega “sistematicamente” o dereito a gozar e desenvolver unha vida sexual plena: anciáns e disca­pacitados. A este respecto, lembrou que “todos somos seres sexuados desde que nacemos e ata que mo­rremos, coas adaptacións que haxa que facer ás limitacións de cada un” e co convencemento de que “teñen necesidades que cómpre atender”, incidiu Larrazábal.

A realidade constata a estigma­tización: a primeira guía de educa­ción sexual en braille, adaptada ás persoas con problemas de visión, non viu a luz ata o ano 2006, se­gundo apuntou, pola súa parte, o psicólogo clínico Miguel Ángel Cue­to, do Centro Psicolóxico de terapia de Conducta (Cepteco), que partici­pou onte na presentación.

O SEXO COMO ARMA POLÍTICA. O psicólogo Miguel Ángel Cueto alerta do uso do sexo como “arma política” e mani­féstase preocupado porque o 41% dos mozos de 12 a 17 anos usan internet para infor­marse sobre o tema.

PRIMORIDIAL PARA O 80%. Unha boa saúde sexual segue sendo primordial tanto para homes (87%) como para mu­lleres (78%). Pero as preocu­pacións son diferentes: a mas­culina é non ter parella e elas fíxanse máis na perda do desexo sexual e no embarazo.

MENOS TABACO, MÁIS ORGASMOS. A FESS incide nos beneficios sexuais da lei contra o tabaco, hábito que nos homes provo­ca maior risco de disfunción eréctil e nas mulleres proble­mas de excitabilidade, así co­mo perda de apetito sexual.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. petate

    Eso eso, que estudien novas formas de pasalo ben.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: