O ‘pasador do pene’

Toca hoxe unha breve e curiosa inmersión -a primeira, espero, doutras moitas, grazas á amiga Ch.- na vertente  antropolóxica do sexo.

A concepción do erotismo e do eróxeno difire moito segundo a cultura, as épocas, a moda, e incluso segundo a clase social. Aínda que vivimos nunha cultura na que nos convencen de que o corpo xa vén preparado para sentir dunha determinada maneira, o certo é que as zonas eróxenas, aínda que poida non parecer así, tamén están suxeitas a patróns culturais. É o caso do ‘pasador de pene’ de Borneo.

Nativos de BorneoFoto: classicjq.com

Nativos de Borneo (Foto: classicjq.com)

Este artiluxio co que ornamentan os borneanos o seu pene ten forma de variña alongada, de entre 5 e 7 cm e, en xeral, coas puntas redondeadas, ou con algún tipo de protuberancia nos extremos para evitar que caian. Insértanos mediante unha intervención cirúrxica, perforando o glande. Algúns mesmo levan cinco á vez. Tolería? Non tanto. Cantos hai na nosa cultura que pasean esa cantidade de piercings, ou máis, entre as pernas? Claro que a escala…

Pero, voltando a Borneo… Cal é a razón desta, canda menos, curiosa tradición? Pese a que existen numerosas teorías e explicacións ao sentido que ten este adorno, a que dan os mesmos nativos é que aumenta o pracer sexual das mulleres. Polo visto, as borneanas comentan que “o pasador é para o sexo o mesmo que o sal para a comida”.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. GURÚ

    Joder, menos mal que nacín aquí coa nosa cultura. So de pensar como se pon ese artiluxio xa me doe.

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: