O gatillazo da ‘viagra feminina’

A agardada ‘viagra feminina’, sobre todo para os que queren vendela, non convence en Estados Unidos. Segundo a máxima autoridade competente en aprobación de medicamentos no xigante norteamericano, a Food & Drugs Administration (FDA), a “milagreira” pílula rosa non dispara a libido das mulleres como a farmacéutica Boehringer Ingelheim pretende facer ver -busca introducila no mercado de EEUU-.

Previo á votación para darlle, ou non, luz verde ao composto (flibanserina), a FDA realizou un estudo sobre 2.400 mulleres. O resultado: unha mellora mínima do apetito sexual e, por riba, efectos secundarios como depresión, esvaecementos ou canseira, entre outros.

Malia ter semellanzas coa tan amada e venerada viagra, á nova pílula non lle faltan desvantaxes: hai que tomala cada día -funciona como un antidepresivo- e só funciona na etapa previa á menopausa.

Con este currículo é, canda menos, para pensalo ben. Pero é que tampouco é tarefa fácil a erección na muller con disfunción -desorde sexual femenino hipoactivo-, posto que a orixe está na cabeza, mentres que nos homes cando non hai erección adoita ser problema físico.

O plan B podería chegar da man de BioSante Pharmaceuticals, que promete un desexo sexual aumentado a máis do 200% grazas a un xel fabricado a base de testosterona, aínda en probas.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. DiviG

    A viagra femenina¿unha quimera?
    Está claro que unha viagra femenina indicada antes da menopausia non ten moito sentido.Porque é na menopausia, cando a muller deixa de ser fértil e o seu corpo deixa de segregar un certo nivel de hormonas, que influen no apetito sexual.Por tantoé nesta etapa, donde o papel da parella xoga un papel máis importante todavía.
    Ante esta situación, votemos unha ollada ó futuro ou ó presente¿cómo o vemos chicas, negro o con colorines, mentres os laboratorios están tratando de atopar a pastillina azul para as mulleres?
    Dende ó outro lado da cama, Divi G

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: