O 2% dos homes tamén teñen a ‘menopausa’

Menos ereccións matinais, baixo desexo sexual, incapacidade para levar adiante actividades vigorosas, disfunción eréctil, fatiga e depresión. O 2% dos homes presentan estes síntomas ó padecer o hipogonadismo tardío ou tamén coñecido como andropausa e ‘menopausa masculina’.

Ao igual que nas mulleres, xoga un papel importante a perda dos niveis hormonais, neste caso a testosterona, pero coa diferenza de que mentres que na poboación feminina é unha etapa inevitable, nos homes de mediana e avanzada idade afecta só a ese dous por cento, e entran en xogo outros factores.

Así o asegura unha investigación británica realizada en Santiago de Compostela e outras 7 cidades europeas: Manchester (Reino Unido), Florencia (Italia), Lovaina (Bélxica), Malmö (Suecia), Tartu (Estonia), Lodz (Polonia) e Szeged (Hungría) e que recolle a web de BBC Mundo. Os datos do estudo, publicado no New England Journal of Medicine concluíronse tras analizaren os niveis de testosterona dun total de 3.369 homes de entre os 40 e os 79 anos.

Con todo, os especialistas responsables da investigación determinaron que os síntomas da andropausa non se producen por efecto exclusivo das variacións de testosterona, senón que  factores como a obesidade e outros  problemas de saúde xogan un importante papel no ‘climaterio’ masculino.

Unha afirmación que conflúe, e se enmarca, nos achados do European Male Ageing Study (EMAS) –Estudo europeo sobre avellentamento masculino- que nega a existencia da andropausa como proceso paralelo e equivalente á menopausa feminina. Este estudo, coa participación do catedrático de Medicina da Universidade de Santiago (USC), Felipe Casanueva, conclúe que a testosterona non se reduce por norma xeral co paso dos anos e que os síntomas, que si se detectan, responden máis a problemas psicolóxicos ou doenzas. “Non se produciría o que ocorre na muller, cuxos ovarios deixan de produciren estróxenos a partir dos 50 anos, que é o que chamamos menopausa”, aseguraba Casanueva.

Na nova investigación, publicada antonte e realizada por científicos da Universidade de Manchester (Reino Unido), os suxeitos, cunha idade media de 60 anos, foron sometidos a probas de laboratorio e a preguntas sobre a súa saúde, tanto sexual como física e psicolóxica.

Tras as análises, conseguiuse elaborar un listado de síntomas desa suposta ‘menopausa masculina’. Dun total de 32 que foron recollidos, os responsables determinaron que unicamente 9, a cuarta parte deles, se relacionan directamente coa baixada hormonal da testosterona nestes homes, sendo, xa que logo, sinal de alerta dun posible hipogonadismo. Dato esencial  a ter en conta para diagnosticar e tratar axeitadamente este problema.

“Por primeira vez foron identificados os síntomas do hipogonadismo tardío”, explicou o especialista en Biomedicina da Universidade de Manchester, Fred Wu, quen engadiu que “o tratamento con testosterona só sería útil nun número reducido de casos nos que hai unha deficiencia de andróxenos, xa que moitos síntomas non están relacionados coa baixada da testosterona”.

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: