Sex-peranza vital

Unha galega vive hoxe unha media de 84 anos e un pico, fronte aos 78 de esperanza de vida masculina. Parece que na carreira pola lonxevidade xa teñen, de entrada, un espazo reservado na liña de meta.

Elas levan unha vantaxe de sete anos. Vale. Pero os homes compénsano con orgasmos, que alongan cinco anos máis: aos 55, o varón -san- ten unha esperanza de vida sexual duns 15 anos. A sex-peranza vital feminina a esa idade, e cun bo estado de saúde, é de pouco máis dunha década (10,5 anos).

Asegúrao un estudo publicado no British Medical Journal, realizado en Estados Unidos sobre un grupo de 6.000 persoas e que conclúe que catro de cada dez homes de entre 75 e 85 anos manteñen activa a súa vida sexual. No caso das mulleres, a porcentaxe se reduce á metade: 20%.

A iso se refiren cando falan de envellecemento activo?

PD. O sexo na terceira idade, con maior ou menor expectativa, é, canda menos, unha boa nova para tod@s. En todo caso, non hai razón biolóxica que garanta unha prolongada sex-peranza vital. Nin en homes nin en mulleres. O que está claro é que conservar e alongar unha vida sexual activa e de calidade depende de cada un de nós -e do ben que coidemos as nosas saúdes-. Hai moito que adestrar se queremos gozar dunha xubilación máis pracenteira. E desde xa. Así que xa me dirás… Que fas aí, sentad@, fronte á pantalla do ordenador?

Bicos desde o balcón…

Anuncios

Un Comentario

  1. Sexo? Masculino

    Con permiso, imaxinarme á terceira idade dándolle non é o máis sensual do mundo. Ainda que bueno a todos nos gustaría chegar a idades avanzadas activos, así que se a xubilación do traballo anda polos 65, a sexual propoño que sexa alomenos 20 anos despois. Voullo propoñer á jefa a ver que lle parece…
    PD: Aceptou de bo grado, así que de momento ainda estou na pretempada da vida sexual. YUHUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: