e-Sexo

O magnífico, erótico e intenso Julio Medem convertiuse en gran visionario cando, en 1996, meteu a Silke e a Carmelo Gómez na cama e fíxolles chegar a un magnífico, erótico e intenso orgasmo interruptus sen sequera rozárense os seus sexos, nunha penetración virtual (Tierra, 1996). Un fronte ao outro, na cama, espidos os dous e tal como ela previamente lle advertira : ‘Vamos a follar sin tocarnos’ -nada máis que bicos-, materializan o que hoxe, case dúas décadas despois, é case práctica rutineira: o sexo electrónico ou e-Sexo.

Carmelo Gómez e Silke. Barreiras para o contacto físico

Carmelo Gómez e Silke. Barreiras para o contacto físico

Na era dos orgasmos globalizados;  teléfonos, ordenadores e webcams agasallan ao preguiceiro internauta cun amplo abano de opcións orais, dixitais e visuais que garantan o pracer cumprindo unha ecuación da productividade polo binomio ‘mínima vergoña-máxima imaxinación’. Pura racionalización de tempo e esforzo sen acoutamentos espaciais. Un ‘vidi vinci’ ao cento por cento de capacidade grazas a tecnoloxías que gañan en portabilidade a golpe de reloxo.

Nunha outra non menos magnífica secuencia da mesma película, Carmelo Gómez ve como o seu anxo deixa caer unha man por entre os pregos do escote de Emma Suárez ata collerlle un peito, e como desliza a outra por baixo dunha mínima falda querendo acurralala nunha cela de pracer. Novamente, sen tocala, unha metida de man virtual.

Tierra (1996)

O anxo de Carmelo Gómez no peito de Emma suárez

Nese goce sen roce descansa a filosofía do e-Sexo, dos encontros alleos ao proceso de cheiro de hormonas, dominado por bites e arrobas, nos que un é quen quere ser, un baile de máscaras e anonimatos do que os galegos tamén gustamos: máis de 142.000, segundo unha enquisa que a extinta Lycos Europe publicaba en 2006 augurando un aumento de usuarios. Fóra dúbidas.

Na cara B das novas tecnoloxías, un estudo vén de confirmar que as ondas dos teléfonos móbiles inflúen negativamente nas relacións sexuais, rebaixando a potencia e a duración dos coitos. Só foi probado en coellos, pero se é capaz de frear a esas entrañables e insaciables criaturiñas de Duracell (Rebeca dixit)… qué non fará cos tan perturbables seres humanos!! Claro que en cuestión de coitos, clímax, penetracións, lambetadas e -lingus, o peor que pode facer o teléfono móbil é soar (Marta dixit)

Os anos pasaron e o propio Medem tamén se actualizou. A Najwa Nimri púxolle un ordenador con conexión a internet na illa de Lucía y el sexo (2001). Un sexo moi dixital o desta película, pero máis polo uso dos dedos que polo dos bites.

Saúdos desde o balcón.

Anuncios

  1. Sexo? Masculino

    Coito se tocarse? Eu son máis tradicional. Como diría o boxeador, VIVA O CONTACTO, pero xa o dicía Bertín Osborne: CON TACTO…

  2. Lola

    Bueno, os precursores foron Gala e Dalí que tiñan orgasmos mentais…e a verdade é que a experiencia é interesante para probala (pero só unha vez, eh?)por certo, que grande Medem!!!

  3. Ramon Chete

    sI PERO ESES PRECURSORES NON SE BASEABAN NO SEXO, SENÓN NO ABSENTA@Lola

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: