Dopping

Non está moi desencamiñada a asociación entre sexo e amor. Topicazos aparte, vaia por diante, falar de ‘facer o amor‘ pode ter implicacións alén do que se poida entender, interpretar ou asimilar co romanticismo. O encontro sexual é en si mesmo un acto case culinario no que se cociñan os ingredientes do cóctel químico do amor, ese invento de laboratorio…

Recupero unha reflexión que cocín no forno non hoxe, nin en febreiro, nin sequera no ano 2010, pero que aínda fumea. Desfagamos o biscoito, pero por partes.

Primeiro, a conquista. Non somos moi diferentes deses cadeliños que cheiran as súas partes máis caninas os uns aos outros para saber si se gustan. Nós, como animais ¿racionais? que camiñan a dúas patas, somos un tanto máis sutís. Avanzamos pola vida repartindo feromonas coa esperanza de que alguén nos cheire. Ese aroma que desprendemos é o que provoca a atracción. Da mesma maneira, cando nos gusta alguén, esas nosas feromonas saen de festa e segréganse por doquier, por iso de que nos ulan…

Segundo-A: o amor. Resultado da feniletamina, outra hormona que nos ‘coloca’ e nos fai sentir taaaaaaan ben. Non en balde, é curmá das anfetaminas. Dános enerxía, quítanos o apetito, o soño e mesmo nos reforza o sistema inmunolóxico. Namentres a ‘feni’ se manteña activada, estaremos namorados. É dicir, dopados ata as cellas. Incapaces de ver os defectos d@ nos@ namorad@. Mesmo os hai adictos, vítimas da síndrome de abstinencia en ausencia da media laranxa. Ou a media mazá. Ou a media pera… Cada un co seu bodegón. O problema: que, como calquera droga, o corpo se afai e precisa cada vez máis e máis… E cando perdemos a capacidade de producción das ‘-inas’ desaparece o subidón. E invádenos o cariño. E recuperamos a capacidade de crítica. Ás veces ata o nivel de odio. E claro, pregúntome eu respecto dos que pasan polo altar coa feniletamina a tope… Hai tanta diferencia entre eles e os que casan, bébedos e inconscientes, vestidos de Elvis?

Segundo-B:  non sempre despois da conquista ven o amor. Velaquí o está: o sexo. Segundo a dopamina que percibamos ou segreguemos na cama -ou na bañeira, ou sobre a lavadora, ou no coche, ou…- actívase en maior ou menor medida, o sentimento de unión coa parella, tendo preferencia por esta e non por outra. Quicir, que a dopamina, outra ‘-ina’ para a lista, regula a monogamia. Canta máis ‘-ina’ percibamos, máis fieis. Puro instinto animal.

Terceiro: a promiscuidade. Non é máis que unha consecuencia da incapacidade de activar ou percibir certas ‘-inas’. Por iso algún@s van de relación en relación, cheirando cuíños caninos en cada recuncho sen acabar de achar a droga que os coloque, é dicir, o amor.

E con todo isto, con tanta fórmula química e tendo descrito á perfección cómo funciona iso que chaman amor, pregúntome… Para cando una pílula para o mal de amores, para recuperar o colocón? Ou un tratamento para desengancharnos?

Bicos desde o balcón…

Anuncios

  1. Tatova

    El mal de amores más tarde o más temprano, se acaba solucionando buscando una nueva diana a la que lanzar tus inas; o en su defecto el paso del tiempo hace que tus órganos diana dejen de segrar inas, se obstruyan los conductos y te liberas.

  2. Sexo? Masculino

    Comidas no acto sexual? Novidoso… je je je

  3. Sexo? Masculino

    Noraboa por certo ó Galicia Hoxe e a Nela por falar sen trabas dun tema que parece tabú nesta sociedade que só vive orientada á prensa do corazón

  4. Lola

    Xa o dicían en Historias del Kronen, podiamos ser como os cans, que se cheiran, se gustan, follan e punto…sen problemas….

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: