Nais e fervenceiras – O corazonciño da Fervenza

Mi abuela, la de aquí

Mi abuela, la de aquí

Cando miña nai leu por primeira vez o blog da Fervenza, comentoume a través do seu perfil de Facebook, isto:

- É un pouco forte, pero non está mal.

Agora é fervenceira.

Á miña avoa, a de aquí (teño á outra lonxe da terriña) custaríame algo máis imprimirlle o concepto. É unha desas mulleres galegas de sempre, enxebre, enviuvada de xeito temperá e con ideais tradicionais. Lémbroa naquela casiña de pedra con fiestras vermellas na que os meus veráns de infancia pasaban entre ir á fonte co meu caldeiriño azul, duchas improvisadas nun barreño a golpe de regadeira e auga quentada na cociña de leña, tardes sobre a palla na leira de atrás e recollida de amorodos caseiros. Lémbroa vestida de negro, como boa viúva, nas súas labores de costureira, recollendo ovos a cambio de vestidos a medida e sempre preocupada por ‘o que dirán’.

Lémbroa así, e miro para ela cos mesmos ollos daquela nena que aprendía a coser saias para as bonecas, cun asomo de bágoas, mestura de tenrura e nostalxia. Si, A Fervenza tamén ten o seu corazonciño. Ollo para ela, digo, e vexo a unha muller, a mesma loitadora de sempre, hoxe vestida de cores, cos beizos en carmín vermello e retocando o peiteado ante o espello.

A mesma viúva de sempre, hoxe capaz de seguir unha conversa con keywords como homes, sexo ou lesbianismo. Escandalizada, si, pero conversadora. “Unha lambéndolle na cona á outra!!” Non é a primeira vez, nin a última, que lembra, e non sen humor, aquilo que viu na habitación do balneario, nunha desas viaxes ‘dos baños’ que lle chama ela, cando prendeu o televisor: “un negro” (di ela) cunha tranca de proporcións descomunais (traduzo eu). A mesma avoa que hoxe non agocha a cabeza cando ve e escoita unha secuencia de sexo telefónico nunha serie de TV: “Onde tes a man?” “Na túa polla”. Lonxe de simularse allea, como faría a viúva de sempre, ergue a ollada e dime “Halaaaaa!”.

A pasada Noiteboa, nun arrouto festeiro alleo a cantigas de Nadal, solteille aquilo de “Unha vella nos tempos dos mouros fixo da cona unha praza de tourooooos” Mexou da risa, agarroume forte da man, e fíxome os coros no ‘bis’.

- Avoa…

- Dime, pichoncito- a mesma avoa de sempre

- “Unha vella na Ponte da Rocha caeu no barranco e rompeu a pachochaaaaaaa”

- Hahahahaha… Como é? Na Ponte da Rocha…? Outra vez!

Á miña avoa, a de aquí, custaríame inculcarlle o concepto do blog da Fervenza. Empezando xa polo concepto de blog, e mesmo con algunha explicación básica de internet para iniciados. Ela, octoxenaria, naceu analóxica -ou na fase previa-, tivo fillos 1.0 e netos informatizados, pero non agardo xa que se dixitalice. Quizais algún coqueteo coa telefonía móbil, pero non máis, nada con matices 2.0

Á miña avoa, a de aquí, a costureira, a enxebre, a loitadora, a viúva temperá, a temerosa de ‘o que dirán’, a cantareira… Non lle explicarei a filosofía de ‘follar as mentes’, nin a teoría da bisexualidade, nin o por que dunha boneca espida no alto dun balcón. Non lle direi nada diso. Nin falta que fai, porque ela xa é fervenceira. Pero aínda non  o sabe…

Bicos desde o balcón…

About these ads

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 707 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: