Masturbar(se) II

Dildos terapéuticos. É un concepto co que a Chencha tolea. Menudo botiquín que ten a tía! Ela si se automedica e, aínda que defensora da sanidade pública, estaría disposta a un copagamento desorbitado se o Goberno financia os vibradores. Con fins terapéuticos, claro.

Foi días atrás cando saiu o tema. De mañá, moi cediño. Tras un café interruptus cando a Chencha, suave como unha rosa, fixo pasar a súa man a través da miña porta nun delicado intento por facer ver a súa presenza ao outro lado.

Bumm! Botei o naris pola cociña e cara ao corredor ata descifrar o que pasara. Ollei cara o buraco da porta. Alí a estaba…

'O Resplandor' (Stanley Kubrick, 1980)

Coa taza aínda na man, e freando ese instinto case innato de cafeinarlle o fouciño, parei por un segundo. Sorrín. Non ía malgastar a miña materia prima. A Chencha, polo blog, quero dicir. Juan Valdez non me dá tanta chicha.

- Que te poño? – salario emocional-

- Anestesia local, gasas e algo para coser…

- Teño sobaos

- Pode valer…

Noteille eu, e o de mancar os dedos atravesando a porta xa me dera unha pista, que non era unha visita pasiva. Algo tiña que contar, seguro. Quizais precisaba que lle botara unha man… ou lle encargase unha nova… Non me dou tempo a pensar máis. Sacou inmediatamente o móbil do suxeitador -tamén o usa para gardar cartos, kleenex e a compra do súper agora que xa non dan bolsas- e iluminou a cara. Para aquel entón eu perdera toda esperanza de almorzar tranquila. Matizo: xa perdera toda esperanza de almorzar, e punto.

Cambiei o café polo móbil. Non sei cal dos dous estaba máis quentiño. Si tiña claro que aquel teléfono estaba máis esnaquizado que a miña pobre porta e tiña menos batería que eu a aquelas horas. Darlle un iPhone á Chencha é como facer cambios no Google+ para competir con Facebook: un despropósito. O día que descubra o iPad pedirá que lle compre o rato. Ou un teclado!

- Estiven lendo a aplicación de Muy Interesante – arrincou ela

- Aplicación?

- Si

- Muy Interesante?

- Si, si

- Lendooooo?

- Merda patí! -cuspiu a Chencha

- Veña, va. Acaba cos puntos de sutura e conta…

- Vibradores terapéuticos!

- Non me cambies de tema! – parecía dispersa

- Cala e dame máis gasas. Lin na Muy Interesante -eu con sobredose de incredulidade- que os médicos antigos usaban vibradores para curar ás mulleres. Masturbábanse as pacientes!

- Si, con dildos a vapor!

Mateina. Nese intre caeu e rebotou no chan, inconsciente. Pero penso que foi máis polo sangue e o bisturí que pola miña impresionante exclusiva.

De exclusiva nada. Tamén eu lera do tema, días atrás, e de feito era un tema no que andaba traballando a raíz de reflexionar ao redor dese asunto tan feo das ‘malfolladas’ ou ‘malfodidas’, para entendernos. Malia que usado como concepto ofensivo (e moito) non deixa de ter unha certa relación coa realidade aínda que me atrevería a falar máis en termos de ‘poucofodidas’ e, ollo, ‘poucofodidos’. Vexo certo nivel de verdade na medida en que a ausencia de sexo desexado, de maneira xeral, incrementa os niveis de irritabilidade, estrés ou mesmo pode desembocar en episodios depresivos. Non defendendo ese uso ofensivo, si é bo chamar a atención respecto do positivo de levar unha vida sexual sana e satisfactoria, sexa en solitario, en parella ou en colectividade. Aí xa non entro.

Vibrador a vapor (@japArtero)

O asunto dos vibradores terapéuticos, que foi o que levou á Chencha a atravesar a miña porta e a min a iniciar este post – perdín xa a noción do tempo- non deixa de ser curioso. Segundo a información da revista científica, parece ser que naceron no século XIX como instrumento médico. Del botaban man os doctores para tratar o que se coñecía como ‘histeria feminina‘, un cadro con síntomas como ansiedade ou falta de apetito e que solventaban a base de masaxes clitorianos.

O primeiro deses aparellos apareceu no ano 1869 para respostar á que Muy Interesante se refire como “crecente demanda orgásmica”. Houbo que agardar a principios do século vinte (1902) para atopar o primeiro prototipo eléctrico para uso doméstico.

Tocoulle a Chencha vivir no tempo máis axeitado ás súas “demandas orgásmicas”, que penso que son as que están desequilibrando os mercados. Encantada está ela coa (auto)proposta de incluir o ‘dildo terapéutico’ no catálogo de medicamentos. Aí si que defende un (re)copagamento. De paso, tampouco lle viña de máis algún financiamento en material cirúrxico…

Acabei de explicarlle o asunto mentres recuperaba a consciencia. En canto estivo de volta, ela e máis o seu iPhone saíron polo buraco da porta. Eu voltei ao quirófano. Había moito que limpar…

nota | ningún iPhone, vibrador ou sobao foron maltratados durante a produción deste post. O da porta é tema aparte. E Google+…

Bicos desde o balcón… 

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 705 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: