Masturbar(se) [I]

Lin estes días nalgures que a masturbación facilita dalgunha forma unha estrea sexual máis exitosa. É obvio. Non pode un/ha botarse a disputar o primeiro partido sen un bo adestramento previo, por moito fútbol que vise na tele ou moita teoría que lese. Sen unha práctica, non terá técnica nin saberá como moverse, como tocar o balón ou mantelo en xogo, como achegarse á meta e, moito menos, onde meter a bola. Nin no fútbol nin no sexo.

Masturbación’ é o que define a RAG como “Acción ou efecto de masturbar”. E ‘masturbar’, por iso de concretar, “Proporcionarlle a [alguén] pracer sexual manipulando os órganos xenitais”. Desa acepción collamos para este post, matizo, a acción reflexiva: o facerse unha palla ou un dedo a un/ha mesm@.

'El gran masturbador' (Salvador Dalí, 1929)

‘El gran masturbador’ (Salvador Dalí, 1929)

A masturbación. Ese “facer o amor coa persona que máis queres”, que diría Allen. Esa cousa tan prexuizada e endemoniada e á vez tan sinxela e verdadeira como que un/ha é don@ do seu corpo e da súa sexualidade. Unha afirmación tan lóxica que pode que mesmo estea de máis apuntala. Pero cando en pleno século XXI, co modernos que nos supoñemos, escoitamos cousas como ‘eu non me masturbo que é cousa de guarras’, mentar tan obvia aseveración non sobra. É máis, pode que quede curta.

Por que non te masturbas? Baixo posibles respostas como a precedente, ou argumentos como o do ‘non saber’ agóchanse auténticos xugos de prexuizos, represións, relixión, crenzas, cultura e educación, ou ausencia desta última, sendo algo tan natural como o comer -e xa sinto que empezo a repetirme de máis- e tan esencial como satisfacer unha necesidade básica…

[www.tenga-sexo.es]

Penso, e agardo estar acertada, que xa non se fai caso daquelas cousas de que os homes se masturban máis que as mulleres. As cifras da autosatisfacción están hoxe moi próximos nuns e noutras: ao redor de nove de cada dez. Con todo, o mercado dos xoguetes sexuais semella seguir moi centrado nas consumidoras. Cuestión de creatividade? Moitos, e falo por pesquisas propias, nin sequera saben da existencia de produtos para o disfrute sexual do pene, como o do video, e non coñecen alén de bonecas ou anacos artificiais do corpo humano.

E falando de vibradores, para ovos os do predicador marroquí Abdelbari Zamzami, quen, nunha recente e polémica fatua, autorizaba o uso de cenouras, na versión máis vexetariana, unha botella ou o mango dun almirez, como dildos masturbatorios para que as mulleres solteiras se desfoguen das súas necesidades sexuais na casa e non caian “en pecado”, especialmente para aquelas que “teñen impedimentos para casar”. O documento de Zamzami espertou, e era previsible, un gran balbordo na sociedade marroquí. O predicador, sorprendido el, argumentou que “non é de obrigado cumprimento” e engadiu que non é o primeiro estudoso que diserta sobre a masturbación. Tratala abertamente, vale. Pero que sexa neses termos… Non foi, con todo, a súa aportación máis polémica: nun edito previo autorizara aos homes a practicaren sexo coas súas mulleres acabadas de morrer. As reaccións de indignación foron inmediatas.

Sexa manualmente, con ferramentas tradicionais ou en versión bricosex -non serei eu quen xulgue os camiños do autopracer- a masturbación é algo natural e mesmo terapéutico. Nos seus inicios, os vibradores foron ideados para tratar o que se coñecía como a histeria feminina. Hoxe, alivian o estrés. Pero iso xa é material para un ‘to be continued…’

Bicos desde o balcón…

  1. Nere

    Moi boa reflexión. Totalmente de acordo con ela, aínda que teño un pequeno apunte: hai moit@s deses que din que non o fan ou que lles parece unha cousa ou outra, que si o fan pero lles da vergoña recoñecelo… cousa que me parece moito peor.
    Coma sempre, un pracer ler este blog… ;)

  2. Pingback: Masturbar(se) [I]

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 707 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: