As coordenadas da orientación sexual

“Todos nacemos bisexuais”. E xa está. Aquí podería poñer o punto e final a este post porque a afirmación está ben clariña. Certo é que se lle pode sumar a segunda parte da teoría: “logo a sociedade se encarga de decidir por nós”. Agora si, cómpre falar un chisco máis. Pero primeiro gardemos cinco liñas de silencio para a libre expresión de prexuizos…
(1)
(2)
(3)
(4)
(5)
Vai un pouco nesa liña de ‘follar as mentes’ que promulga este blog. A opción de sentirse atraído por persoas alén do que garden entre as pernas.  Unha realidade latente desde a Antiga Grecia pero de certo silenciada, deixada de lado ou simplemente considerada incerta durante anos e anos. E ata hoxe.

Quen máis quen menos -e non son eu de xeneralizar- temos no noso arquivo vital da memoria infanto-adolescente algún intre de excitación homosexual (e viceversa) máis probablemente no caso das lectoras. Ou non, tampouco imos discutir. Sexa unha curiosidade inocente, un bico con lingua, un soño inquedante, un xogar a médicos, a papás e mamás, unha noite de desenfreno, un desexo oculto ou inexplicable…, hai algo nos macutos das nosas vidas que non deixa de estar inquedo. E, itero, non son amiga de xeralizar. Todxs, ou casi, de seguro temos ese intre de curiosidade-desexo-proba-sexperiencia nunha ruta que se aparta do camiño que decidimos seguir.

A Chencha, como non, si o ten. Na memoria e na lingua, que non tardou en soltalo en canto lle preguntei pola bisexualidade, non sen antes trabucarse finamente.

- Chencha, ti es bisexual?

- Non, eu só teño perrecha, queres vela?

- Outra vez! Cansina! Digo se che gustan os dous sexos. Cres que todos nacemos bisexuais? -atragoóuselle como se lla metese á forza na boca. A pregunta, digo.

- Xa estamos? Por que non me pos en nómina po teu blog e formalizamos este roubo de intimidades? Págame. Sería oficialmente a túa musa literaria…

- A miña puta literaria, e o de literaria podes obvialo.

- Queres vela?

As primeiras experiencias sexuais da Chencha tiveron mulleres-mociñas- por protagonistas. E tal vez por iso se manifeste bisexual, non porque tomase a decisión de selo senón porque en ningún intre se lle pecharon as portas cara a un ou outro camiño. A ela gústalle follar as mentes sen importarlle o que a educación, a cultura, o contexto ou a sociedade lle berran.

En todos os planos da vida, e o sexual non difire, actuamos -case?- cento por cento culturalmente. Desde que perdemos aquel primeiro e único instinto animal de procurar o mamilo das nosas nais, a nosa contorna vai marcando as coordenadas do noso camiño.

Na tribu dos sambias (Nova Guinea), e disto xa se falou na Fervenza, os nenos fanse homes realizándolles felacións aos adultos, de cuxo seme reciben experiencia e madurez. Fanno desde os sete anos e ata os 20, cando deixan de ser receptores para converterse en dadores para os novos mozos. Impensable na nosa cultura pero indispensable na deles. Para os ollos de occidentais esta práctica rompe coa ‘normalidade’ establecida , por mor da aínda, e tristemente, presente homofobia e sobre todo -e a outro nivel- porque a pederastia é rexeitada, censurada e castigada.

Non se entenda este argumentario como atisbo de defensa da pederastia, nin de lonxe. Si de rexeitamento da homofobia. Pero sirva para reflexionar como, en termos de sexo, a educación, a cultura e a sociedade en xeral marcan o que acabamos por entender como ‘normal’ ou ‘aceptable’. Pero sexamos realistas: o impulso sexual está aí. E a excitación instintiva non entende moitas veces de normas ou influencias sociais. Por moito que queiramos negalo, agochalo ou darlle razóns que nos autoconvenzan.

A Chencha, no entanto, non quere nin oir falar do tema sambia. Ela é máis de cha cha chá.

Bicos desde o balcón…

  1. Eu penso que nacemos sen complexos, podes ver aos cativos sen prexuizos tocando e explorando no seu corpo e no dos demáis, pero empezamos a crecer e empezan a meternos case por costume uns principios heterocentristas e tamén condicionados por o cristianismo, eso non o fagas que é malo (quen decide o que é malo ou bo?), por que ten que ser malo expolorar o seu propio corpo ou explorar o dos demáis sexan nenos ou nenas, quen decide que debes explorar e o que non?.

    Logo empezan os xogos cos seus roles, bonecas para as nenas e coches para os nenos, a ler contos nos que as princesas teñen que ser sempre salvados por príncipes encantadores e casar e ser felices. E así pouco a pouco empezan a “follar as mentes”, e o teu instinto se vai diluindo e empezas a ver que estar con outra persoa distinta ao teu sexo é o habitual e poño habitual por que non é o “normal”, non existen estándares de normalización, cada un é como é.

    Por eso cando un se vai facendo maior distingue entre dous amores o que ten correspondencia sexual e o que non, se ten correspondencia sexual o habitual é que só poidas querer a persoas do sexo contrario, pero se non ten ese instinto sexual che da igual o sexo, ti podes querer moi profundamente á tua nai que ao teu pai, a unha irmá que a un irmán, a unha amiga que a un amigo, hai non distingues nin das o teu amor en función do sexo da persoa, en cambio se tes que querer a unha persoa ca que vas a relacionarte dun xeito máis íntimo a tua “mente follada” e a que vai facer saltar todas as alarmas por todos eses condicionantes relixiosos e heterocentristsa, que che din eso esta ben ou está mal, e só quen pode desconectar esa alarma absurda é capaz de amosar o seu amor a calquera persona sen nengún prexuizo, e poder amar realmente sen complexos á persoa que sexa entre outras moitas cousas a sua amiga, amante, confidente, complice, que lle poña os pelos de punta, coa que goce, etc., e é dese xeito desconectando a alarma cando un pode darse conta de que se namorou sen condicións dunha persona e non do sexo de esa persoa.

  2. Ola, Anxo_GZ
    Non teño nada que engadir porque coincido coas túas palabras ao cento por cento. Unicamente introduciría un matiz: emprego o concepto de ‘follar as mentes’ como algo positivo, como defensa dun sexo alén de xenitais e centrado nas persoas e as súas personalidades, como ti tamén defendes :)
    Grazas por gastar o teu tempo en comentar e por facelo tan ben!

  3. Ola Nela, grazas por ter este blog e facer reflexionar. Xa sei que o termo “follar a mente” o utilizas de forma positiva.

    Eu o utilicei dun xeito negativo, de forma intencionada, para poder facer ver como todo o que esta relacionado co sexo e as relacións amorosas e sexuais, se pode utilizar para facernos ver as cousas dun xeito positivo o dun xeito negativo.

    Bicos.

  4. Ola Anxo, grazas a ti/vos por participar das reflexións da Fervenza :)
    Estou totalmente dacordo coa túa apreciación, apunto o matiz!
    Bicos de volta :)

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 707 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: