Conformismo ou altersexo? Os ‘sinsexo’ nipóns

Non toda marca batida é razón de orgullo. E sabémolo ben co imparable contador das cifras de desemprego ou a terrible seca que Galicia sofre este inverno. E disculpen premilinares tan pouco libidinosos, pero é que aínda que na Fervenza as máis das veces se fala de sexo, noutras ocasións, como esta, é o non-sexo ou a falta de sexo o que ocupa as liñas que len. Non a miña -falta, digo-, que quen o escribe tamén o investiga, senón dos sempre sorprendentes e non envexables -pola miña parte- xaponeses.

A dos nipóns, con todo, é unha abstinencia con matices: non follan na casa pero gostan de consumir sexo de pago. E os matrimonios funcionan! Preguiza, estrés, medo escénico ou pánico a non cumprir as expectativas, aos atafegados xaponeses dálles canseira ter que pensar en satisfacer ás súas mulleres. Por iso buscan o pracer sexual fóra da casa, botando man de locais onde consumir porno (videovox) ou mesmo afogando a súa necesidade a base de concentrarse en hobbies que desvíen a súa atención. A reportaxe O imperio dos sinsexo do programa Documentos TV (da RTVE), desvela cifras tan impactantes como paradoxais: case un terzo da poboación xaponesa deixou de practicar sexo e ata un 70% das parellas de máis de 40 anos leva unha abstinencia total; pero ao mesmo tempo, a industria do sexo move 20.000 millóns de euros ao ano, o que representa o 1 por cento do PIB!!

Curiosamente, os matrimonios non se ven resentidos. Ou polo menos non se detecta un aumento nas cifras de divorcios. Que funcionen ou non, iso xa é outra cousa. En todo caso, leva á reflexión. Un excesivo conformismo ou unha outra forma de convivencia? Un altersexo?

O video completo, e altamente recomendado, aquí.

Bicos desde o balcón…

About these ads

  1. Tamén resulta rechamante o feito de que entre as mulleres xaponesas están a trunfar os contidos pornográficos de pagamento a través do móbil (http://kotaku.com/5891181/ladies-come-for-the-comics-stay-for-the-pornography). Sen dúbida son unha cultura moi distinta da nosa.

  2. Rechamante, si, e ata certo punto lóxico. Os mentados ‘hipermercados’ do sexo non están deseñados para usuarias femininas, que demandan tamén consumir o produto sexual. Os smartphone se presentan como grandes aliados: acceso máis discreto e sen limitación espacio-temporal para satisfacer as súas necesidades. Graciñas polo apuntamento, Marcus! .)

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 728 seguidores

%d personas les gusta esto: