Falos de arxila e autorretratos vaxinais

Cousas do zapping, e das medianoites de venres en solitario co sofá, comprobei que o último nivel de inventiva dos ‘realitis’ se materializou finalmente nunha bautizada como ‘academia do sexo’ a medio camiño entre un Gran Hermano a domicilio e un programa escolar de manualidades xenito-creativas e educación erótico-postural.

Decidín darlle tregua ao mando a distancia deixándoo caer no sofá, non sen antes fumear un anaco, e, non o vou negar, quedei vendo ese híbrido televisivo agardando algo bo de todo aquelo. Con poucas esperanzas e peores resultados, asistín a un escaparate de pollas de arxila, bolas chinesas experimentais, porno caseiro e moldes fálicos forneados no forno, permítanme a redundancia.

Malas vibracións e quilos de sensacións de ridículo alleo ao ver ás concursantes nas súas casas autorretratando as súas vaxinas ou ollando con sorpresa toda a súa familia de beizos -maiores, menores- con espellos de aumentos, e avergoñadas elas mesmas de si mesmas. Pero gustosas, ao fin e ao cabo, de descubrírense mulleres. Non era sen tempo!

A cerna son cinco parellas con cadanseus problemas sexuais que se someten a prácticas e levan deberes para a casa -logo visualizados na clase- Non parece claro se existe un obxectivo competitivo alén de amañar esas trabas ao placer.

Tiña no caixón de borradores da ‘Fervenza’ un intento de post do último decembro que quedou polo camiño e que arrincaba así:

Non tiña intención, nin de lonxe, de formar parte desa que proclaman, ao son de Stevie Wonder, a gran familia de Mediaset. Así que recibir na bandexa de e-correo, case tocando a media noite, unha mensaxe ameazando ‘Rexistro’ e cun ‘De: Telecinco.es’ fixo subir por min un calafrío ata o naris. Non foi un acoso comercial senón un proceso voluntario para unha breve pesquisa televisiva ao saber do proxecto da Academia de Sexo de Cuatro. Queres mellorar a túa vida sexual? Inscríbete e participa nun novo programa de TV!…

(tiven que inscribirme na web de Telecinco para acceder aos contidos e requisitos do casting do ‘realiti’, cousas da investigación sexual)

O prexuizo estaba claro: Un ‘telerrealidade’ de sexo? Por favor… Pero a moralexa non a preveía eu no camiño do beneficio da dúbida, como na práctica foi. Alén da propia e ridícula inventiva do selo ‘Telecinco’, da vergoña allea dos autorretratos vulváceos e a dubidosa categoría instrutiva das manualidades fálicas con arxila, atopei nos videos caseiros dos deberes dos concursantes algo que de feito boto -moito- de menos: a naturalidade.

Cando as referencias ao sexo se constrúen en base a postas en escea do irrealismo cinematográfico ou da performance do porno -nin soa música cando follamos nin a enfermeira se deixa poñer a inxección á primeira de cambio- non queda lugar para a naturalidade caseira e cáseque nos convertimos en actores e actrices do sexo cun imaxinario guión que seguir (agora toca poñer esta cara, veña un xemido no minuto dos, oh-si-oh-ah, ou xogamos pola banda cun 4-3-3).

Corpos reais -sen ánimo de repetirme- e sexo real forman unha ecuación perfecta cun resultado seguro: placer de verdade, limpo de prexuizos. Sen necesidade de academias. Pero si con moitas prácticas. Que non falten.

Bicos desde o balcón…

About these ads

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 707 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: