O espido de Lucía

Non pretende esta entrada, e vaia por diante, botar un cachoupo máis á guerra de xéneros, nin moito menos, porque a Fervenza é allea. E matizo así porque levo uns días cavilando nesta polémica do espido de Lucía Etxebarría, en especial nos comentarios que circularon polas redes sociais que, aínda a risco de quedaren caducos, quixera eu tamén comentar.

Houbo unha postura bastante xeralizada no camiño da repulsa e outra contraposta a prol da naturalidade e o dereito da escritora a amosar o seu corpo publicamente. Deixando a un lado os antecedentes controvertidos -ao parecer nos últimos tempos Lucía Etxebarría deu máis que falar por polemizar que polos seus libros-, véxome máis na liña da segunda das posturas.

A sociedade ten un nivel tal de hipocresía que nos escandalizamos polas obsesións estéticas de rapaces e rapazas, as pesadas obrigas físicas impostas pola moda, as mentiras da publicidade con xa de por si fermosas mozas que perden brazos ou embigos por obra e arte do retoque fotográfico ou por modelos de óso e óso que semellan cadrar máis no laboratorio que na pasarela Cibeles -só como exemplo-.

Digo que nos escandalizamos polos dramas de corpos escravos do que se entende que é o canon de beleza e ao tempo botamos a lingua fóra en sinal de noxo cando vemos un corpo natural, o da muller real que se olla ao espello en cada casa; o dos peitos, cadeiras, entrepernas, nádegas e embigos sen Photoshop cos que compartimos cama, sexo e agarimos.

Lingua fóra en sinal de noxo e, ao tempo, comentarios na liña do ‘my god, por que nos castiga con esta imaxe’ cando quen a viu foi por iniciativa e decisión propia, por acción dun ‘clic’ voluntario e posiblemente incitado polo incontrolable morbo. Quen viu as fotografías foi porque quixo.

Días despois de facérense públicas as imaxes no perfil de Facebook -apenas duraron 15 minutos colgadas na rede- a propia escritora asegurou a través dunha carta que unha primeira fotografía de espido integral tiña ao seu marido como único destinatario e que foi subida a internet sen o seu permiso.

Non é este un post-homenaxe a Lucía Etxebarrría. É máis, nin sequera opino sobre ela -persoa- ou a súa obra. Pero sirva polo menos para lembrar que os espidos ou o sentirse ben cun mesmo/cunha mesma ante o espello non son algo exclusivo dos corpos aceptados socialmente. Nin moito menos.

Bicos desde o balcón…

About these ads

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 728 seguidores

%d personas les gusta esto: