Cóntame como bailas…

… e saberei como eres na cama. Ninguén dubida da relación entre a forma de bailar e o sexo. De feito, un sabio Oscar Wilde xa a definiu no seu momento como “a expresión vertical dun desexo horizontal” e hai quen fala do coito en termos de ‘lambada horizontal’. Unha rápida ollada ás variadas coreografías nas intempestivas pistas discotequeiras dá boa conta da teoría…

Estas coreografías desenvólvense como unha antesala do apareamento, ao igual que as aves atusan as súas coloridas colas de plumas ou as tartarugas xigantes das Galápagos alongan o pescozo nun urxente chamado ás femias. Son ao tempo un bo filtro na escolla da parella sexual: espasmódicos, sensuais, divertidos, estudados, complicados, flexibles… movementos da pista de baile que se trasladan en forma e fondo á cama.

Algúns estudos mesmo debullan os ritmos masculinos que máis atraen ás mulleres, e sitúan en mitos eróticos como John Travolta ou Elvis Presley o paradigma de baile sensual e sexual: con enerxía, espontáneos e alonxados de estereotipos ou coreografías, sinal dunha gran capacidade reproductiva, segundo unha xa mentada investigación.

Ás veces fico ollando un anaco ás coreografías da fauna nocturna con estas teorías na cabeza e por momentos temo sentirme espida con cada aceno rítmico que amoso. O medo dura só uns segundos…

imaxe de Thuany Gabriela (vía flickr)

Bicos desde o balcón…

About these ads

Reflexiona

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 703 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: